#FeelOn, a aplicación de Control para facilitar as relacións sociais

Non sorprendemos a ninguén se dicimos que cada día usamos máis as redes socias. Segundo un estudo realizado para Control, o 80% dos Internautas españois de entre 18 e 55 anos empregan as redes sociais, dos cales un 15% fano para ligar.
Coa mirada posta nas redes sociais, o fabricante de preservativos e ouro tipo de trebellos e produtos relacionados coa sexualidade vén de lanzar a aplicación #FeelOn, pensando en facilitar o xeito en que compartimos as nosas publicacións.
Así, para eses momentos nos que queremos publicar o mesmo en varias redes sociais, #FeelOn permítenos seleccionar os servizos, activando / desactivando en todo momento as diferentes redes sociais que admite.
Twitter, Facebook, Linkedin, YouTube, Foursquare e Google+ son os servizos incluídos, ademais dun espacio social chamado Control Feel, orientado a que os usuarios da aplicación interactúen entre si. Deste xeito, as actualizacións poden incluír posicionamento, vídeos e fotos, simplificando as tarefas á hora de publicar, aínda que para ler o feed de novas teremos que usar outras ferramentas, pois esta app non ten ese soporte.
Nome da aplicación: Control Feel On
Prezo: Gratuíta
Requerimentos: Android 2.2.3 e superiores
Desenvolvedor: Appleon SL
Descarga: Play Store

Sobre o autor

Reply