Wolder lanza unha tablet pensada para os nosos coches

Na liña de ter dispositivos orientados a usos moi específicos, Wolder vén de presentar miTab GoCar, unha tablet pensada para ser instalada nos automóbiles, para o cal conta cun soperte dun só clic.
Trátase dun gadget con pantalla de 7 polgadas e 5 puntos táctiles, cunha resolución de 800 x 480 píxeles, procesador Cortex A9 a 1 GHz, 512 MB de RAM e memoria interna de 4 GB ampliábeis por microSD de até 32 GB. Tamén conta con cámara frontal e conectividade WiFi.
En canto a sistema operativo, vén con Android 4.1 Jelly Bean practicamente limpo. Ademais, é compatíbel coa inmensa maioría de formatos multimedia, pois hai que ter en conta que sen dúbida esta é a funcionalidade principal deste trebello.
O pack de venta xa inclúe o sistema de fixación no repousacabezas; aseguran que a instalación é moi doada e segura, puidendo colocar a tablet cun só clic para unha montaxe / desmontaxe rápida. Así mesmo, tamén se inclúen uns auriculares estéreo e o cargador para o coche.
Xa está dispoñíbel no noso país por 99 € e podemos facernos con ela tanto en tendas físicas como a través da tenda en liña do fabricante. Sen lugar a dúbidas, unha alternativa moi a ter en conta por todas aquelas persoas que busquen unha solución de entretemento a bordo.

Sobre o autor

Reply