bq lanza o novo Aquaris 5: boas características a moi bo prezo

A miúdo recibimos consultas de usuarios que buscan o que se buscou toda a vida: dispositivos bos, bonitos e baratos. Mais non sempre é doado achar unha solución que cumpra “os 3 B’s”, case sempre pinchando no “bo”.
O fabricante bq vén de presentar o seu novo dispositivo, o Aquaris 5, un terminal que pretende compaxinar esas 3 virtudes nun aparello que incorpora pantalla IPS qHD de 5 polgadas (cun ángulo de visión de 178º), procesador de 4 núcleos a 1,2 GHz, dobre cámara (a principal de 8 megapíxeles) e 16 GB de memoria interna (ampliábeis por microSD).
Vén con dual SIM, polo que poderemos ter 2 tarxetas SIM á vez (por exemplo, unha par voz e outra para datos). A batería é de 2200 mAh e en canto a sistema operativo trae Android 4.2 – Jelly Bean, así como tamén sistema de actualización de software vía OTA.
Está dispoñíbel desde hoxe por uns máis que atractivos 199,90 €.

Sobre o autor

Reply