Android está en racha. Os últimos datos de mercado confirman a tendencia dos últimos meses e que poñen ao noso sistema operativo favorito como líder indiscutíbel no sector das tablets, xa que o 67% das unidades vendidas veñen con Android.
En cifras absolutas, foron vendidass 34,6 millóns de tablets Android fronte a 14,6 millóns de iPads, e todo apunta que nos próximos meses a tendencia será a de seguir aumentando a distancia.
Son moitos os factores que afectan a estas cifras, aínda que, obviamente, o prezo é un dos principais. En Android existen diversas alternativas como a Nexus 7 que conxugan calidade de prestacións hardware e software cun prezo atractivo, algo determinante á hora de elixir un novo produto.
Vós tedes unha tablet Android? Tedes pensado adquirir algunha nos próximos meses?