Panasonic quere que o teu fixo sexa un Android

Aínda que case sempre falamos de smartphones e tablets, de cando en vez atopámonos con outro tipo de dispositivos Android para o fogar. O que non é tan habitual é que sexan teléfonos fixos, por moi inarámicos que sexan. Panasonic vén de presentar un destes trebellos baseado en Android 4.0 (Ice Cream Sandwich). Chámase KX-PRX120 e ten máis apariencia de smartphone ca doutra cousa.
As súas características pasan por unha pantalla HVGA de 3,5 polgadas, cámara frontal de 0,3 megapíxeles e batería de 1450 mAh. Non se coñecen datos como o seu procesador ou a memoria interna ou RAM, aínda que si se sabe que ten espazo para tarxeta microSD de ampliación de memoria.
Conta con conectividade WiFi e GPS (un tanto absurdo nun terminal pensado para estar na casa, non?) e a base admite até 6 dispositivos conectados a ela.
Polo de agora non temos información sobre o seu prezo ou dispoñibilidade mais, vós mercaríades un trebello destas características para a vosa casa?

Sobre o autor

Reply