Samsung anuncia o Unpacked para o 4 de setembro

Coincidindo coa celebración da feira IFA de Berlín, Samsung vén de anunciar un novo episodio do Unpacked, evento no que presentará novos dispositivos. Segundo os convites que están a distribuír, quedaría claro que a conferencia de medios xirará arredor da familia Galaxy Note.
Rumoréase que desta vez poderían lanzarse 3 versións dacordo ao tamaño de pantalla: 5,5, 5,7 e 6 polgadas, aínda que nada será seguro até o próximo día 4. Polo menos a espera non é moi longa, non?

Sobre o autor

Reply