A carreira por ter máis megapíxeles, procesador máis potente e pantalla maior semella unha loita de smartphones que rondan os 600 ou 700 €. Malia todo, buscando un pouco podemos atopar outros dispositivos de marcas máis modestas e prezos máis axustados. É o caso do Ban-G, da compañía Xtreamer.
Este dispositivo conta con pantalla de 5,7 polgadas e resolución 1280 x 720 píxeles, procesador de catro núcleos a 1,2 GHz, 1 GB de memoira RAM e 16 GB de memoria interna ampliábeis por microSD. Ten dobre cámara, a principal de 13 megapíxeles e a frontal de 2, e unha batería de 2700 mAh.
No que ten a ver co sistema operativo, vén con Android 4.1.2 sen aditivos, polo que a experiencia será moi estilo Nexus. Para os usuarios máis avanzados, dicir que ten soporte para dúas tarxetas SIM.
Ademais de todas esas caracterśticas máis ca relevantes, o seu prezo non deixará indiferente a ninguén, pois tan só custa 249 €.
Non ten mala pinta, frente o Aquaris 5 (200 €) ten mellores cámaras e mellor pantalla.
Pola contra, tamén ten os problemas da maioría dos telefonos chineses, non ten HDSPA en 900 MHz e os GPS dos Mediatek non posicionan moi alá e hai que andar con parches (cousa que tamén lle pasa o Aquaris)
(continuo)
A ver o Xiaomi Red Rice cando chega por aqui, que tamén ten moi boa pinta:
http://www.xiaomi.es/#!xiaomi-redrice-general/c1kk2
Ola Anónimo,
si, do Aquaris 5 xa temos falado por aquí, que parece que ademais das espectativas sobre o papel tamén dá moi bo resultado no día a día, ao igual que o predecesor 4.5.
O Red Rice ten pinta si, pero seguro que aínda tarda en chegar (se é que o fai).
O tema das bandas é algo a ter moi en conta, xa nos teñen chegado preguntas de usuarios que mercaran na China porque logo non lles funcionaba ben aquí coas redes HDSPA.
Un saúdo