HTC presenta o Desire 500, o seu novo terminal de gama media

Malia que o protagonista foi o LG G2, onte HTC tamén presentou un novo terminal, aínda que neste caso de gama media, o Desire 500. Malia todo, se nos fixamos nas súas características, non ten nada que envexar aos que eran gama alta uns meses atrás.
Incorpora unha pantalla de 4,3 polgadas, procesador de catro núcleos a 1,2 GHz. dobre cámara (8 e 1,6 megapíxeles) e memoria interna ampliábel por microSD de até 32 GB.
Vén con Jelly Bean customizado polo fabricante, incluíndo o HTC BlinkFeed, o vistoso xestor de feeds e novidades nas redes sociais que nos descubriran co HTC One, e estará dispoñíbel no noso país a finais deste mesmo mes, aínda que polo de agora non transcendeu o seu prezo.

 

Sobre o autor

Reply