Toda a radio que queiras no teu Android grazas a estas aplicacións

Hai uns días achégamosvos as aplicacións que empregan as canles de televisión e hoxe queremos amosarvos as das radios.
Podemos diferenciar os diferentes deseños que nos atopamos segundo a empresa da que esteamos a falar, é dicir, EuropaFM e Onda Cero pertencentes ao grupo Atresmedia comparten deseño. Ambas aplicacións permítenos, ademáis de escoitar a radio en directo (que é de agardar), consultar a programación da semana, acceder a podcast, acceder ás últimas novas ou ir directamente ao perfil das radios en Facebook e Twitter.
Totalmente diferente é a aplicación da CRTVG. Á radio, accédese desde a mesma app que para a televisión. No caso da radio, é para o que é, so escoitar sen extras cunha interfaz moi limpa.
O que si nos permite a aplicación é escoitar tanto á Radio Galega como as canles secundarias Radio Galega Son e Radio Galega Música.
Outras aplicacións que comparten deseño son las radios pertencentes ao Grupo Prisa. Dentro deste grupo empresarial, as emisoras que podemos destacar son, por exemplo, 40Principales, Máxima FM, M80 Radio ou Cadena Ser.
Este grupo de aplicacións teñen moitas opcións que as fan moi completas e cun deseño colorido, pero nunha delas atopei algo que polo menos no terminal no que probamos non acababa de funcionar como debera. Na opción de vídeos musicais de 40Principales aparece unha listaxe de vídeos que premendo neles, suponse que enlaza a YouTube para visualizalo, mais a nós unicamente nos trasladaba á sección “Que ver” de YouTube.
Deixamos para o final dous exemplos do que para nós é unha aplicación traballada e outra que parece feita porque coma a competencia ten aplicacións pois eu tamén.
Da aplicación da COPE gustáronnos detalles como por exemplo que cando a cargamos vemos na parte superior a emisión en directo e na inferior unha serie de opcións. Se prememos nalgunha destas opcións, imos a elas, pero deixanos na parte superior a emisión en directo, co que sempre temos a man a posibilidade de baixar volume, pausar ou compartir o que estamos a escoitar.
Como punto diferenciador de todas as que analizamos, na aplicación da COPE atopamos un botón de chamar. Premendo nel, accede directamente as chamadas do móbil para poñerse en contacto coa radio por esa vía a través dun número gratuíto
A aplicación que non nos gustou foi a ABC Punto Radio. O motivo: non ten grandes opcións, é dicir, a meirande parte dos smartphones actuais, teñen unha aplicación para escoitar a radio e esta aplicación é o único que permite. A única vantaxe é a posibilidade de escoitar a emisora da túa rexión, pero até a listaxe rexional é curta.
E a vós? Como vos gusta escoitar a radio, desde unha aplicación xenérica ou desde a propia da radio?
Este artigo foi escrito por Álvaro Mouteira Souto. Ti tamén podes colaborar enviando os teus artigos ou análises.

Sobre o autor

One Response

  1. Xoan 16 Agosto, 2013 Responder

Reply