Fíltranse uns supostos obxectivos axustábeis de Sony

Non cabe dúbida de que unha das funcionalidades máis empregadas de todos os nosos smartphones é a cámara. De feito, os teléfonos están a sustituír aos aparellos fotográficos tradicionais en moitos ámbitos, quedando as cámaras propiamente ditas para usos profesionais ou verdadeiros entusiastas de facer as mellores capturas, quen sen dúbida precisan algo máis ca un smartphone.
Segundo Sony Alpha Rumors, o fabricante xaponés estaría traballando nuns obxetivos axustábeis a diferentes dispositivos, que terían como principal funcionalidade conseguir mellores fotos cos nosos smartphones. Apuntan que contarían cun procesador Bionz, espazo para tarxetas microSD, conectividade sen fíos (WiFi e NFC), zoom de 10 aumentos, sensor de 18 megapíxeles e apertura mínima f/3.3.
Nas próximas semanas debérase ter información sobre estes novos produtos de Sony. Credes que son algo interesante?

Sobre o autor

Reply