LG Optimus L1 II, o básico do fabricante coreano

Malia que ultimamente LG esté a malacostumarnos con terminais de alta gama, non queren deixar de lado un sector non menos importante, o dos dispositivos básicos / de entrada. É o caso do Optimus L1 II, un smartphone que vén de se poñer á venda por tant só 89 €.
As súas características técnicas pasan por unha pantalla de 3 polgadas (240 x 320 píxeles), procesador de 1 GHz, 512 MB de RAM e 4 GB de almacenaxe interno ampliábeis por microSD (até 32 GB). Dispón de dobre cámara, a principal de 2 megapíxeles e a frontal de 0,3. A súa batería é de 1540 mAh e vén con Android 4.1.2.
Obviamente non se trata dun dispositivo a recomendar para quen xa esté iniciado no mundo dos smartphones, mais si que debe ser considerado por aqueles usuarios básicos que queiran probar a vida conectada.

Sobre o autor

Reply