Malia que hai unha crenza extendida de que o iPad reina no mercado das tablets, non é a realidade no mercado do Estado español, onde as tablets da compañía da mazá supoñen o 18% dos dispositivos, moi por baixo do 32,8% de cota que estes dispositivos colleitan no resto do mundo.
Por diante sitúase Samsung, que soubo trasladar o éxito colleitado coa familia de smartphones Galaxy ao sector das tablets, onde conta cun 21% de cota. Moi igualados están do 3º ao 6º postos, onde BQ, Szenio, Woxter e Sunstech compiten ofrecendo produtos moi atractivos polo seu prezo competitvo e características abondas para a meirande parte dos usuarios.
Cómpre destacar que este estudo de mercado non recolle as ventas en liña, o que elimina da torta a dispositivos como o Nexus 7, de exclusiva venta en liña (por moito que se poidan ver unidades en centros como FNAC).
Que vos parecen os resultados? Agardabades esta distribución?
Interesante ver a marcas españolas coma BQ que están nos primeiros postos, agora teñen que manterse, e iso consiguese tamén dando un bo servizo e soporta ao usuarios. É moi dificil chegar a esos números de venda, pero tanto coma iso, que continúe no tempo. Noraboa a BQ.
Sería moi bo saber o impacto que teñen as ventas en liña, coma por exemplo as de Nexus 10 ou Nexus 7.
A cantidade de marcas que se mostran no estudo penso que está relacionado en que é un producto que se está a vender moi ben nos centros comerciales.
Tamén sería interesante saber cal é a cantidade total de ventas de estes productos no último ano en España.