Galaxy Gear: novas (supostas) especificacións do novo smartwatch de Samsung

logo samsung

Coa IFA á volta da esquina e co Samsung Unpacked datado, a rumoroloxía está que arde. Agora tócalle o turno ao Galaxy Gear, supostamente o nome co que coñeceremos o novo smartwatch do fabricante coreano, do que se veñen de filtrar algunhas características.

Así, este novo trebello contaría cunha pantalla OLED de 2,5 polgadas (320 x 320), procesador de dobre núcleo a 1,5 GHz e algunha versión de Jelly Bean como sistema operativo. A conectividade viría dada polo Bluetooth 4.0 e NFC e o xeito de funcionamento será moi semellante ao do Sony Smartwatch que probamos hai uns meses: vamos, un dispositivo que serme máis de xestor de notificacións que como trebello autónomo en si.

Que pensades destes aparellos? Parécenvos útiles ou son só un elemento de moda?

Vía

 

Sobre o autor

Reply