O fabricante chinés Oppo volve outra vez a ser actualidade tras a presentación do R819, un dispositivo que vén a confirmar a tendencia de tender a terminais de grandes características a prezos accesíbeis.
Incorpora unha pantalla IPS de 4,7 polgadas e resolución 720p, moi ben acompañado cun procesador de catro núcleos a 1,2 GHz, 1 GB de memoria RAM, 16 GB de memoria interna e cámara de 8 megapíxeles fabricado por Sony. A súa batería é de 2000 mAh e integra ranura para 2 SIMs.
En canto ao sistema operativo, vén con Android 4.1.2, mais o realmente novidoso é que ofrecen a posibilidade de instalar diversas ROMs, para que cadaquén escolla a que prefira.
Polo de agra só hai confirmación de posta á venda en Australia, Xapón e Hong Kong a partir de setembro, aínda que xa se pode reservar. O prezo? Uns máis que atractivos 275 €.