Decathlon quere ir un paso máis aló ofrecendo aos seus clientes novos artigos que, a priori, podería parecer que quedaran fóra do seu ámbito de traballo. Concretamente, a cadea de artigos deportivos francesa ten previsto comercializar unha tablet e un smartphone baixo a marca Quechua.
Como é de imaxinar, ambos produtos destacan con incluír a certificación OP54, que protexe do polvo e salpicaduras aínda que, ollo, non son somerxíbeis. Indo máis polo miúdo, o smartphone contará cunha pantalla de 5 polgadas (resolución 840 x 480), cámara de 8 megapíxeles e batería de alta capacidade, mentres que a tablet será de 8 polgadas (resolución 1024 x 768), compartindo o resto de características co móbil.
Aínda que non hai unha data segura para a súa posta á venda, os prezos serán 230 euros para o smartphone e 280 a tablet.
Que vos parecen este tipo de dispositivos? Sodes abondo aventureros para precisar dalgún deles?