Wiko Cink Slim, outro smartphone de prezo axustado

cink-SLIM_L

O fabricante Wiko vén de anunciar a dispoñibilidade no noso país do seu novo smartphone, Cink Slim, un dispositivo de características medias que xoga a súa principal baza no prezo, pois tan só custa 129 €.

Incorpora unha pantalla de 4 polgadas, procesador de dobre núcleo a 1 GHz, 512 MB de memoria RAM e 4 GB de memoria interna que poderemos ampliar noutros 32 GB extra a través de memorias microSD. As súas cámaras son de 8 megapíxeles (traseira) e 1,3 (frontal).

Vén con Android 4.1.1 e unha pequena capa de personalización e é Dual SIM, polo que poderemos ter dúas tarxetas inseridas á vez no dispositivo.

Como vedes, non se trata de caractereríticas de última xeración para os usuarios máis avanzados, pero abondas para un gran sector da poboación. Xa o podemos mercar no noso país, estando dispoñíbel en 3 cores (branco, azul, negro) por  129 €.

Sobre o autor

2 Comments

  1. Kiskilla 22 Agosto, 2013 Responder

Reply