AirCast, a aplicación que amplía o uso do Chromecast

O pasado 24 de xullo Google presentou Chromecast, un trebello de baixo custo que, conectado á televisión, permite que se lle envíe contido para reproducir. Sen embargo, as aplicacións compatíbeis con este eran poucas (Netflix, YouTube, Google Play Movies & TV e Google Play Music), polo que diferentes desenvolvedores puxéronse mans á obra para ofrecer alternativas que permitan enviar ao Chromecast contido que reproducir. É o caso de Aircast, a aplicación da que vos queremos falar hoxe.

Esta ferramenta, desenvolta por Koushik Duta (un dos máis relevantes programadores da scene Android), permítenos ampliar un pouco as aplicacións que poden compartir, como por exemplo a propia galería do sistema, Dropbox ou Google Drive.

Polo de agora está en fase beta, ademais de que aínda hai algúns terminais nos que non funciona correctamente o tema da galería. Se sodes das persoas afortunadas que xa tedes un Chromecast na súa casa, deixámosvos a  ligazón á descarga.

Sobre o autor

3 Comments

  1. Toninho 24 Agosto, 2013 Responder
    • Iago Varela Martínez 24 Agosto, 2013 Responder
      • Toninho 27 Agosto, 2013 Responder

Reply

Deixa una resposta a Toninho Cancelar a resposta