A historia de Android (I)

Como sabedes, Android xa leva un tempo importante connosco e pensamos que é o momento para facer un pequeno repaso pola historia deste sistema operativo móbil que cambiou o noso día a día, para o cal pensamos en adicarlle una sección no blogue que nace hoxe.

android-evolution

Nesta sección, tentaremos facer un repaso tanto das versións lanzadas coma dos terminais máis significativos.

O mellor é comezar polo principio. Android é un sistema operativo en base Linux, propiedade de Android Inc fundada por Andy Rubin en Palo Algo (California) no ano 2003, Nos seus comezos estaba apoiada financieramiente por Google e ao final foi mercada pola propia Google no ano 2005.

Logo de dous anos traballando, no ano 2007 foi presentado Android en versión beta e en outubro de 2008 foi lanzado o primeiro móbil coa primeira versión comercial Android no seu interior, chamada Apple Pie. Para daquela ademais de Google, no proxecto Android traballaba a chamada Open Handset Allianz (OHA) integrada pola propia Google e outros 34 membros de áreas tan diversas coma son operadores de telefonía, fabricantes de chisps, fabricantes de dispositivos móbiles ou desenvolvedores de aplicacións.

O terminal elixido para lanzar Apple Pie, foi o HTC Dream ou T-Mobile G1 comercializado o 22 de outubro de 2008. As súas características fannos sacar un soriso un tanto nostálxico. A pantalla tiña una resolución de 480×320, 192MB de ram, un procesador Qualcomm a 528MHz a cámara traseira de 3,2Mpx. A súa batería era 1150mAh.

g1Todo este hardware era o que nos servía para mover Apple Pie que nos permitía entre outras cousas, ter sincronizados os servizos de Google: gMail, calendar, contactos. Todas estas posibilidades foron unha mistura de novidades ou simplificación de tarefas.

Tamén comezamos a usar de forma habitual Google Maps, Latitude, GTalk, … servizos que chegaron até hoxe (dun ou doutro xeito) e moitos deles xa son impresibles para moitas e moitos de nós.

Este software está orientado a terminais táctiles cambiando por completo o xeito de interactuar con eles. Ademáis de que o noso vocabulario comezou a mudar e empezamos a falar de aplicacións, widgets, tendas de aplicacións,…

Coa chegada deste tipo de equipos comeza un imparable desenvolvemento das redes móbiles. A evolución dos terminais, cada vez máis potentes incrementan a necesidades dunha conexión cada vez máis veloz. A partir deste momento, creásenos unha nova necesidade inexistente até daquela para a maioría de nós: estar as 24 horas conectado a rede.

Continuará…

Tags:

Sobre o autor

No Responses

Reply