LG G Pad confirmado grazas ao vídeo teaser

Se hai uns días falabamos de que LG podería presentar unha tablet na IFA de Berlín, hoxe xa o podemos asegurar logo de que o fabricante coreano teña feito público o primeiro vídeo teaser da mesma. Ademais, vén a confirmar o tamaño intermedio de 8,3 polgadas de pantalla, “que podes meter no peto e levar a todos os lados”. Pouco grosor e peso, diferentes alternativas de conectividade, full HD… son outras das características que neste vídeo veñen a se confirmar.

En calquera caso, en pouco máis dunha semana coñeceremos todas e cada unha das especificacións deste trebello co que LG quere facerse un oco no extenso catálogo de alternativas en tablets.

Sobre o autor

No Responses

Reply