Motorola anuncia o Moto X con bootloader desbloqueado. Que significa isto?

moto-x-developer-edition

Logo da compra por parte de Google, Motorola fíxose de rogar para presentar o primeiro smartphone da súa nova era, o Moto X, un dispositivo que non chegou para competir a gran escala senón máis ben para situarse nunha gama media-alta, aínda que non por ilo menos interesante.

Seguindo coa liña doutros fabricantes, onte Motorola fixo público o lanzamento da versión Developer Edition deste dispositivo, que basicamente vén co booloader desbloqueado. Que significa isto? Pois que calquera pode instalar unha ROM diferente á que trae de por si o terminal sen ter que facer o desbloqueo seguindo (nalgúns casos) tediosos manuais, o que multiplica as posibilidades de cara os desenvolvedores e, en xeral, para calquera usuario.

O resto de características técnicas son exactamente as mesmas que as do Moto X normal, aínda que unicamente haberá versión con 32 GB de capacidade. Como adoita acontecer con este tipo de terminais, unicamente estará dispoñíbel nos Estados Unidos e o prezo aínda non trascendeu

Sobre o autor

Reply