Se nos tiñan acostumados a vídeos nos que pouco se deixaba ver dos terminais que se pretendían presentar, dun tempo a esta parte están sendo tremendamente explícitos. Se onte á tarde falabamos da confirmación por parte de LG da súa tablet G Pad, teaser mediante, hoxe tócalle a Sony, que decidiu amosar o seu novo Xperia (Honami, i1… ou veremos que nome comercial ten finalmente), que vén para sustituír ao Xperia Z.
Como o seu predecesor, e parece que será algo que Sony vai poñer por sistema, será resistente á auga. Do resto de características poderíase especular todo o que quixéramos, mais atendendo a rumores e filtracións podería contar cunha cámara de 20,7 megapíxeles, algo que non sería de extranar, xa que como temos falado moitas veces no blog, Sony é especialisa en cámaras.
En todo caso, será o próximo 4 de setembro cando den a coñecer este dispositivo. Tedes ganas de descubrilo?