Google rebaixa 100 € o Nexus 4 e pon á venda a nova Nexus 7

Nexus 7 2013

Esta mañá compartivos con vós no Twitter a rebaixa de 100 € que Google vén de aplicar aos Nexus 4, que pasan a situarse en tan só 199 € a versión de 8 GB e 249 € a de 16 GB, uns prezos imbatíbeis no (até que se presente o seguinte) actual terminal de referencia de Google.

Por outra banda, tamén vén de poñerse á venda no noso país a Nexus 7 edición 2013 cuns prezos que no caso da versión de 16 GB sitúase nos 229 € e no da de 32 GB en 269 €. Polo de agora non se puxo á venda a versión 4G – LTE, prevista para as próximas semanas por 349 €.

Devolución de 100 €

Tras esta redución de prezos, Google vén de abrir un período no que se poden reclamar os 100 € de diferenza no Nexus 4 para aquelas persoas que se fixeran con un entre o 12 de agosto e onte. Este prazo rematará o vindeiro 12 de setembro e, para facelo, hai que cubrir os datos nesta ligazón.

Sobre o autor

Reply