LG fai oficial o Optimus L9 II, a evolución do maior da gama L-style

lg-optimus-l9-2

LG vén de facer oficial a evolución do L9 co novo Optimus L9 II, unha actualización de características que non vén a supoñer ningunha revolución sobre o seu predecesor, manténdose o público obxectivo da gama media.

Incorpora unha pantalla HD de 4,7 polgadas, procesador dual core a 1,4 GHz, 1 GB de memoria RAM e 8 GB de memoria interna (ampliábeis por microSD), cámara principal de 8 megapíxeles e batería de 2150 mAh. En canto a sistema operativo, vén con Android 4.1.2 – Jelly Bean.

Agárdase que esté dispoñíbel en pouca semanas en toda Europa e, aínda que o prezo non se fixo público, aventuramos que andará polos 250 €.

Sobre o autor

Reply