Amazon regala hoxe 10 aplicacións de pagamento

amazon

Desde que Amazon presentou a súa tenda de aplicacións para Android, cada día pon unha aplicación de pagamento dispoñíbel gratuitamente, mais hoxe (e só hoxe), coincidindo co aniversario, inclúe 10 aplicacións bastante populares cuxo custe total supera os 26 €.

Entre elas atópanse algunhas ferramentas como o teclado Swiftkey (por certo, con corretor de galego), a versión sen publicidade do popular xogo Angry Birds ou a versión pro  do buscador de cancións Shazam. Podedes ver a listaxe completa nesta ligazón.

Sobre o autor

Reply