Non, non vaiades pensar que vai haber unha versión do novo smartphone de Motorola que leve este procesador. Máis ben é que o Snapdragon vai levar algo de Motorola.
Cando se anunciou o Moto X, unha das características que máis chamou a atención —ademais da personalización do terminal— era a posibilidade de dar ordes por voz. Non nos confundamos, hai varias aplicacións na Play Store que nos permiten facer o mesmo, o novidoso é que o procesador conta cun chip dedicado unicamente a esta función.
Daquela, cal é a diferenza entre a aplicación nativa do Moto X e as que nos podemos baixar no Play Store? O consumo. Se activamos a función para escoitar inda co terminal bloqueado a batería baixará drasticamente, mentres que o Moto X non se resinte.
Pois ben, Qualcomm anunciou que o seu Snapdragon 800 contará con esta función, polo que o consumo tampouco se resentirá. Iso si, a activación desta funcionalidade dependerá do fabricante, do terminal, pero non cremos que a deixen escapar, non si?
P.S. Se queredes probar unha app que permite a activación de voz mediante Google Now, deixámosvola aquí.
Están xenial estes post que aportan información que non é “actualidade android que está circulando agora en mil sitios por toda a web, pero en galego”. Un post coma este ten un valor engadido moi forte, información nova e análise. Parabéns