A historia de Android (II)

Nesta segunda entrada imos repasar as novidades en canto a software ao longo do 2009 a mediados do 2010 e un par de terminais moi representativos. Neste tempo, aparece a segunda versión do sistema operativo que levou por nome, Banana Bread e foi lanzada menos de 5 meses despois da primeira. Por isto, é lóxico agardar que as novidades non sexan moitas.

Banana Bread foi unha actualización lanzada unicamente para o HTC Dream que corrixía erros e engadía características menores.

android-cupcake-donut

En Abril dese mesmo ano, aparece unha nova versión que levou por nome Cupcake (versión 1.5) na que atopamos importantes novidades entre as que destacamos o soporte para widgets, as funcións de copiar-pegar no navegador, opción de autorrotación da pantalla, ou subir vídeos a YouTube.

Por estas datas lanzábase ao mercado un dos terminais estrelas nestes primeiros anos de vida de Android. Non era outro que o HTC Magic.

Novas - Historia Android (II) - Foto 2

Sen dúbida era un dos terminais maís interesantes do momento xa que contaba con 512MB de rom, 192MB de ram e tiña a posibilidade de usar una tarxeta microSD de até 16GB. A súa cámara posterior (e única) era de 3,2mpx sen flash. Tiña unha batería era de 1340mAh. A pantalla era de 3,2” e cunha resolución era de 480×320 píxeles.

Podemos destacar que este terminal foi actualizado até a versión 2.2.1, á que se lle chamou Froyo. As novidades que podemos destacar son que desde CupCake até Froyo, entre outras mellorouse a:

  • Habilidade para tocar unha foto dun contacto e seleccionar chamar, enviar SMS ou correo da persona.
  • Mellora a velocidade de tipeo no teclado virtual, con diccionario intelixente que aprende o uso das palabras engadindo nombres de contactos como suxerencias.
  • Soporte para máis tamaños de pantalla e resolucións, con mellor ratio de contraste.
  • Funcionalidade de anclaxe de rede por USB e Wifi hotspot.
  • Engádese a opción para deshabilitalo acceso de datos sobre rede móvil.
  • Actualizada la aplicación Market con características de grupo e actualizacións automáticas.
  • Dictado por voz e intercambio de contactos por Bluetooth.
  • Soporte para contraseñas numéricas e alfanuméricas.
  • Soporte para subida de arquivos no navegador.
  • Soporte para instalación de aplicacións na memoría expandible.
  • Soporte para Adobe Flash.

Pensabades que as funcións coas que contamos hoxe xa estaban á nosa disposición desde o principio?

Outro terminal destacado este ano, tamén chega da man de HTC. É o Hero que conta cunhas características similares aos terminais da época, pero non podemos deixalo pasar xa que este terminal foi o primeiro Android en soportar Flash.

300px-CreativeTools.se_-_PackshotCreator_-_HTC_Hero_Android

Como podedes ver, nos primeiros pasos de Android o peso de HTC á hora de fabricar terminais era moi importante. Hoxe en día, non corren bos tempos para a firma taiwanesa.

Continuará…

Tags:

Sobre o autor

Reply