Iconia A3 e Liquid S3. Acer presenta nova tablet e tabletphone

Coa IFA de Berlín a piques de abrir as súas portas, Acer vén de adiantarse presentando unha tablet e un smartphone cos que quere seguir aportando o seu graíño de area ao crecemento de Android.

Iconia A3

A nova tablet de Acer, a Iconia A3, incorpora unha pantalla de 10,1 polgadas IPS, cunha resolución de 1280 x 800 píxeles. O seu procesador é un Cortex A7 de catro núcleos a 1,2 GHz e comercializarase en diferentes versións atendendo á capacidade da súa memoria, 16 ou 32 GB ampliábeis por microSD, ou á súa conectividade, con posibilidade de ser unicamente WiFi ou WiFi + 3G.

iconia-A3

A cámara principal é de 5 megapíxeles, mais onde está o realmente interesante é no son, incorporando Dolby Digital Plus 5.1, o que a fai especialmente interesante para disfrutar do contido multimedia. A versión do sistema operativo é a 4.2 (Jelly Bean), practicamente limpa de personalizacións por parte do fabricante.

Estará dispoñíbel en outubro/novembro por 249 € (WiFi, 16 GB) ou 299 € (WiFi + 3G, 16 GB). Das versións de 32 GB aínda non trascenderon os prezos.

Liquid S2

Liquid S2

Pola súa banda, o Liquid 2 dispón dunha pantalla de 6 polgadas Full HD (1080p) con densidade 367 ppp. O seu procesador é un quadcore a 2,2 GHz, aderezados de 2 GB de memoria RAM e 16 GB de memoria internos non ampliábeis.

Destaca a súa batería de 3300 mAh e a cámara de 13 megapíxeles con flash LED en anel e a posibilidade de gravar vídeo en UltraHD (4K). No aspecto de conectividade, é compatíbel coas redes LTE – 4G. O sistema operativo é Android 4.2.2 (Jelly Bean), unha vez máis practicamente limpo.

Ao igual que a tablet, estará dispoñíbel en outubro a un prezo aínda non especificado.

Sobre o autor

Reply