Saudávosmos desde Berlín, cidade na que desde mañá celébrase a feira de electrónica que precede o último trimestre do ano, a IFA. Desde aquí faremos un seguemento en directo durante mañá mércores e xoves dos principais eventos (Sony, Asus, Samsung, LG e Philips entre outros), ademais de tentar cacharrear un pouco con todo para poder contarvos as nosas primeiras impresións.
Faremos retransmisión principalmente polo Twitter, onde usaremos o hashtag #ifa13gal, Logo, como sempre, estará toda a información dispoñíbel no blog.