Os dispositivos de moda hoxe en día son os wearables, gadgets para vestir ou levar postos. Neste senso, Samsung vén de facer oficial o seu hiperrumoreado smartwatch, o Galaxy Gear, que vai un paso máis alo da competencia nos trebellos de pulso ao facelo máis autónomo e non simplemente un centro de notificacións do que temos no teléfono.
A conecxión co smartphone é vía Bluetooth, previo acordo a través do NFC. A partir de aí recibiremos as notificacións de chamadas, mensaxes, correos… e tantas como aplicacións teñamos instaladas, podendo abrir a aplicación espello no smartphone. Até aquí, pouca novidade, mais a diferenza doutros trebellos conta con cámara de 1,9 megapíxeles e micrófono / altofalante, polo que se queremos podemos facer unha chamada achegando o pulso á orella (non sabemos se será moi cómodo para a vida real, pero é funcional).
O tema da voz vai máis aló das simples chamadas, pois tamén permite crear notas, engadir eventos de calendario ou empregar as utilidades de S Voice, o Siri de Samsung.
No que son as súas características máis técnicas, leva un procesador de 800 MHz, pantalla de 1,63 polgadas, Bluetooth 4.0, memoria de 4 GB, 512 MB de memoria RAM e unha batería de 315 mAh, o que lle dá unha autonomía de 25 horas, o que para nós é o punto máis negativo, xa que o convirte noutro trebello que cargar todas as noites.
Estará dispoñíbel o 25 de setembro de xeito global.