De seguro que un dos dispositivos cos que Samsung está a colleitar éxitos, ademais da serie Galaxy S é a Note, un trebello a medio camiño entre un smartphone e unha tablet, da que hoxe coñecemos oficialmente a súa terceira xeración, a Galaxy Note III.
Das súas características destaca a pantalla de 5,7 polgadas Full HD, aderezados cun procesador de catro núcleos a 2,3 GHz, 3 GB de memoria RAM e diferentes versións atendendo ás capacidades da memoria interna.
Ao igual que nos anteriores modelos, conserva o stylus (S Pen), que serve para complementar a usabilidade do trebello coas aplicacións software que introduce Samsung na súa capa de personalización TouchWiz sobre Android 4.3.