Quen máis quen menos todos sacamos partido das cámaras dos nosos smartphones e o certo é que cando queremos algo máis botamos en parte obxectivos mellores. Existen varias alternativas de aparellos que se montan no noso smartphone e amplían o que ve a cámara, mais Sony quere ir máis aló cuns obxectivos que son cámaras por si mesmas, aínda que precisan dun smartphone para ser usadas.
Basicamente, a idea é que estes trebellos conecten co noso smartphone de forma inarámica, para o cal utilizan NFC ou WIFI como medida de autentificación. Unha vez conectados, traballaremos coa cámara do terminal. Doado, non?
Esta idea plasmouse en 2 produtos diferentes pero semellantes, o DSC-QX10 e o DSC-QX100..
O primeiro deles conta cun sensor CMOS 1/2.3 e 18 megapíxeles, cunha apertura de f/3.3-5.9, mentres que o outro un sensor Exmor R de 1” con 20,2 MP e f/1.8. A lente é unha Carl Zeiss Vario-Sonnar T.
Que vos parecen este tipo de trebellos? Mercaríadelos para complementar o voso smartphone?
En breve teremos unha análise máis polo miúdo…