Sony vén de pre-inaugurar a IFA de Berlín presentando o seu novo dispositivo de referencia co que afrontará comercialmente o último trimestre do ano e comezos de 2014, o Xperia Z1, un dispositivo no que se recolle a experiencia conquerida co Xperia Z.
Conta cunha pantalla de 5 polgadas, cunha resolución de 1080 x 1980 píxeles, procesador Qualcomm Snapadragon 800 de catro núcleos a 2,2 GHz, 2 GB de memoria RAM, 16 GB de memoria interna (ampliábeis por microSD) e cámara principal de 20 megapíxeles con lente G. Ademais é resistente á auga e pó, segundo as recomendacións IP55 / IP57, conta cunha batería de 3000 mAh e é compatíbel coas redes LTE-4G..
No que ten a ver co sistema operativo, pouca cousa: vén con Android 4.2.2 actualizábel e a capa de software habitual de Sony.
Estará dispoñíbel en 3 cores (blanco, negro e morado) e porase á venda de xeito global nas próximas semanas.