Pou

pou-descargar

Moitos de vós conoceres a Pou ou mesmo teredes un. Pois ben até fai uns días eu non descarguei este éxito da Play Store.

Para min Pou non era máis ca un tamagotchi moderno, ou polo menos así foi coma mo presentou a miña curmán: “mira, rise cando o tocas” ou “está porco, tes que lavalo” e “non te olvidas de que tes que darlle de comer”. Tras escoitar isto, a miña mente asocionouno como vos dicía cun tamagotchi, e non lle prestei máis atención.

Pouco despois repasando a tenda de Google na procura de novas aplicacións que probar, atopeime coa sorpresa de que Pou tiña entre cincuenta e cen millóns de instalacións. Pero a niña cabeza todavía o asociaba cun tamagotchi.

Pois ben, o mellor da historia chega agora, cal foi o motivo para darlle unha oportunidade?: o insomnio. Unha boa noite non podía durmir, e non sei ben como, pero lembreime da aplicación e dinlle esa oportunidade que todas as apps merecen.

Pantallazo-1

Ao primeiro, coma vós (supoño) pensei en ver que lle podo dar de comer, como podo mercar, anda que tamén o podo vestir… pero nada chamaba a miña atención, mais esta percepción axiña cambiou. Foi no momento no que descrubrín os xogos, cos cales consegues moedas para así poder mercarlle á nosa mascota favorita (si xentiña, xa é un máis da familia XD) todo tipo de cousas para vestilo, darlle de comer ou mercar pocións

Pantallazo

Está claro que o primeriro que vou facer cando mude o terminal non é instalar a applicación, pero si que me fixo recordar que non hai que prexulgar. Non hai nada como probar as cousas por un mesmo.

Para min, o que me fai entrar na aplicación son os xogos, ese tipo de xogos “chorras” (ou non tanto) dos que desfrutas curtos periodos te tempo, como cando esperas ou viaxas no bus, un breve descanso entre clase e clase, ou un amigo que se retrasa e tes que agardar por el.

E vós, xogades con Pou?

Tags:

Sobre o autor

Reply