Lenovo presenta un novo smartphone e unha tablet na IFA de Berlín

Nunha conferencia de prensa atípica, Lenovo aproveitou a IFA de Berlín para presentar diversos produtos, aínda que cinguíndonos a Android quedamos cun smartphone e unha tablet, o Vibe X e o S5000.

lenovo vibe x

O Vibe X é un terminal que chama a atención polo seu deseño, realmente delgado e lixeiro,  Incorpora unha pantalla IPS de 5 polgadas con resolución de 1920 x 1080 e 441 ppp, ademais de protección Gorilla Glass 3. O pocesador é de catro núcleos a 1,5 GHz, con 2 GB de memoria RAM e 16 GB de memoria interna. As súas cámaras de 13 e 5 megapíxeles e a batería de 2000 mAh.

lenovo s5000

Pola súa banda, a tablet S5000 incorpora unha pantalla HD de 7 polgadas e resolución 1280 x 800 píxeles, procesador de catro núcleos 1,2 GHz, 1 GB de memoria RAM e 16 GB de memoria interna, batería de 3450 mAh cámaras de 5 e 1,6 megapíxeles.

Ambos dispositivos saen á venda con Android 4.2 Jelly Bean, e o Vibe X non chegará a estar dispoñíbel en Europa.

Sobre o autor

Reply