ZTE lanza dous terminais 4G no mercado español

image005

Agora que as operadoras van anunciando os seus plans de despregamento do 4G no Estado español cobran maior importancia os lanzamentos de dispositivos compatíbeis con estas redes. Neste senso, ZTE vén de anunciar a posta á venda de 3 terminais con estas redes, o ZTE Grand S Flex e o ZTE Blade Apex, ambos distribuídos a través da operadora Yoigo.

O Grand S Flex (que por certo, vén de recibir o premio IFA 2013) conta cunha pantalla de 5 polgadas HD, procesador de dobre núcleo a 1,2 GHz, 1 GB de RAM e 16 GB de memoria interna e dobre cámara (8 e 1 megapíxeles). Destaca ademais a inclusión de Dolby Digial Plus, especialmente pensado para disfrutar de contido multimedia.

Está dispoñíbel por 269 € nun único pago ou a prazos en cotas desde 5 €/mes e sen coste inicial en tarifas como a Infinita 25.

Pola súa banda, o Blade Apex incorpora unha pantalla de 4,5 polgadas qHD, procesador dual core a 1,2 GHz, 1 GB de RAM e 4 GB de memoria interna. As cámaras son de 5 e 1 megapíxeles e o seu prezo único é de 169 €, aínda que se pode mercar a prazos desde 3 € mes sen pago inicial.

Sobre o autor

Reply