Fonepad Note 6 e Fonepad 7, os novos dispositivos de Asus presentados na IFA

Fonepad Note 6

Asus achegou á feira berlinesa un par de dispositivos nos que segue a incidir nas pantallas grandes, dispositivos que teñen máis de tablet ca de smartphone, mais que malia todo conservan funcionalidades de teléfono (e non únicamente a conexión de datos 3G), o cal é un punto máis a ter en conta.

O Fonepad Note 6, que xa dera a coñecer hai uns meses pero que non fora lanzado comercialmente, conta cunha pantalla de 6 polgadas Full HD, procesador de dobre núcleo a 2 GHz, 2 GB de memoria RAM e diferentes versións atendendo á capacidade da súa memoria interna: 16 ou 32 GB (ampliábeis mediante microSD. Dispón de batería de 3200 mAh de capacidade, cámara principal de 8 megapíxeles (frontal de 1,2) e trae incorporado un stylus, de xeito similar ás Note de Samsung.

Fonepad 7

Pola súa banda, o Fonepad 7 dispón de 7 polgadas de pantalla LED IPS, procesador de dobre núcleo a 1,6 GHz, 1 GB de memoria RAM e versións de 8, 16 e 32 GB de capacidade interna, unha vez máis, ampliábeis por microSD. A batería é de 3980 mAh e as súas cámaras de 5 e 1,2 megapíxeles

Ambos os dous veñen con Android 4.2 Jelly Bean, versión sobre a que se engaden funcionalidades exclusivas instaladas por Asus. Polo de agora non confirmaron a súa dispoñibilidade ou o prezo, mais atendendo ás especificacións apostamos por produtos non excesivamente caros.

Sobre o autor

Reply