Esta terceira entrega do noso repaso pola historia de Android, vai xirar ao redor dunha palabra que será clave co paso do tempo: Nexus. Con Nexus estamos a falar dun terminal “pata negra” de Google ou máis recentemente denominados “pure Google”. O que queremos dicir é que unha empresa de prestixio fabrica o hardware ao que se porta o sistema operativo limpo e con actualizacións directas da man de Google, polo que os primeiros terminais en estar á última en tema de actualizacións son os Nexus.
Acabamos de comentarvos un aspecto decisivo para ser un Nexus e non é outro que o sistema operativo limpo. Con isto ao que nos referimos é que os fabricantes de hardware, reciben a versión de Android que toca en cada momento é adáptana ao seu gusto engandíndolle funcionalidades extra coas que non conta Android puro. Isto é o que chamamos capa de personalización.
A capa de HTC chámase Sense, e a de Samsung é TouchWiz. Son as máis intrusivas xunto coa de Sony, e como vos podedes imaxinar estas capas levan moito traballo detrás e teñen que adaptarse con cada versión de Android que se libera, o que supón un retraso importante entre o día no que se libera a actualización e o momento no que chega realmente aos usuarios. Agora ben, o dono dun Nexus non ten ese problema e recibir as actualizacións é cuestión de días desde que as libera Google.
O outro punto diferenciador é que o hardware que se fabrica, que está pensado por e para funcionar á perfección coa última versión de Android lanzada. Este traballo conxundo entre fabricante e Google fai que a experiencia de usuario sexa óptima.
O primeiro Nexus, foi encargado a HTC e o nome comercial foi Nexus ONE.
Para daquela o hardware desde terminal é do mellor que nos podiamos atopar: procesador Snapdragon a 1 GHz (aínda mononúcleo), 512MB de RAM e ROM e pantalla con tecnoloxía AMOLED de 3,7″ con 480×800 de resolución con 252 ppi. Saía con Eclair (Android 2.1) no seu interior. O prezo de saída rondou os 530USD; o último Nexus custa 299USD, pero esta é outra historia.
Con esta xogada o que se pretendía era ter un smartphone de referencia, buscando que o posuídor dun Nexus tivera un terminal de recoñecido prestixo.
Continuará…