Galaxy Golden, dúas pantallas e tapa da man de Samsung

Samsung Galaxy Golden

Houbo un tempo no que a moda eran os smartphones con tapa, ou unha evolución destes con dúas pantallas, interior e exterior, esta última máis ligada a temas de notificacións. A coreana Samsung rescata este concepto no Galaxy Golden, un terminal que non chegará ao noso país pero que nos pareceu interesante darvos a coñecer.

Ambas pantallas son 3,67 polgadas, con resolución WVGA de 800 x 480 píxeles (nada do outro mundo), mentres que no seu corazón late un procesador de dobre núcleo a 1,7 GHz, concretamente un Qualcomm Snapdragon 400. Ten unha batería de 1840 mAh de capacidade e dobre cámara, de 8 megapíxeles a principal e de 1,9 a secundaria. Como sistema operativo leva Android 4.2.2 Jelly Bean, ademais de Touchwiz, a capa de personalización de Samsung.

Poderíase traballar con el aberto, volvendo á botoneira física clásica, ou ben pechado e empregar unicamente a pantalla externa.

Sobre o autor

One Response

  1. Manuel 13 Setembro, 2013 Responder

Reply