A historia de Android (IV)

No cuarto capítulo do respaso pola nosa historia temos un momento de explosión no que os fabricantes apostan por esta plataforma para incorporala aos seus terminais o cal axudou decisivamente á súa expansión. Este momento coincide co MWC de 2010 no que firmas moi importantes do sector presentas as súas apostas.

Como vos comentabamos, o MWC 2010 foi o comezo. Os fabricantes presentaron as súas apostas para ese ano:

  • De HTC podemos destacar o Legend e o Nexus ONE, que facía a súa chegada oficial a Europa.
  • De Sony-Ericcson o X10 cos seus irmás pequenos X10 mini e X10 mini pro (con teclado qwerty).
  • Nokia, que nin estaba presente no Mobile, comezara posiblemente sen sabelo, o seu declive. Facía unha aposta diferente e claramente perdeu. Hoxe, se cadra, é doado dicilo.
  • E Samsung, que dicir de Samsung. Neste MWC apostaba polo seu propio sistema operativo, Bada e presentou as súas pantallas SuperAMOLED. Non moito tempo despois, Samsung comezou a posicionarse coma o referente no ecosistema Android.

Lembrádelos?

HTC Legend

legend

Pantalla Amoled de 3,2″ e HVGA  – Cámara 5mpx con flash – Ram: 384MB – Rom: 512MB – Procesador Qualcomm a 600mhz – Android 2.1 (Eclair)

 

Xperia X10

x10

 Pantalla TFT de 4″e 480×845 píxeles – Cámara de 8mpx que cunha actualización de software permite grabar a 720p – Ram: 384MB – Rom: 1giga – Procesador Snapdragon a 1mhz – Android 1.6 (Donut)

 

X10 Mini Pro

647Sony Ericcson_Xperia X10 mini pro

 Teclado QWERTY – Pantalla TFT de 2,55″ e 240×320 píxeles con 157ppi
– Cámara de 5mpx con flash led – Ram 256MB – Rom: 128MB – Procesador Qualcomm a 600mhz – Android 1.6 (Donut)

 

X10 Mini


portada-mini

Pantalla TFT de 2,55″ e 240×320 píxeles con 157ppi
– Cámara de 5mpx con flash led – Ram 256MB – Rom: 128MB – Procesador Qualcomm a 600mhz – Android 1.6 (Donut)

Continuará…

Sobre o autor

Reply