Xa non sorprenden as aparicións de móbiles en bares. O último é un suposto Nexus 5 que un traballador de Google tería posto a cargar e que estaría fabricado por LG. Aínda que podería ser so un prototipo, pero Outubro preséntase coma un mes cheo de novidades e os rumores a estas alturas, dispáranse.
Fai días que se filtraron fotos, desta volta son vídeos. Pensamos que aínda quedan filtracións por sair.
E a vós, ¿gústavos este modelo como novo Nexus 5? ¿pensades que se vai semellar ao que finalmente se comercializará?.