Wiko Ozzy, un terminal Android básico por tan só 89 euros

Wiko_OZZY_compo_bleen_PROV_LD

 

Wiko vén de poñer á venda un novo terminal orientado ao público que se inicia no mundo dos smartphones e cun presuposto axustado, o Wiko Ozzy, un dual sim (permite ter dúas tarxetas SIMs diferentes á vez) que podemos adquirir por 89 euros.

As súas características técnicas son modestas, pasando por un procesador dual core de 1 GHz, pantalla de 3,5 polgadas HVGA e dobre cámara, a principal de 2 megapíxeles e a frontal VGA. Dispón de 4 GB de memoria interna, ampliábeis por microSD noutros 32 GB extra e unha RAM de 512 MB.

Está dispoñíbel en 5 cores (negro, branco, vermello, rosa e augamariña), levando como sistema operativo Android 4.2 Jelly Bean

Sobre o autor

Reply