BlackBerry Messenger, para todos a partir do sábado

BBM

 

Despexadas todas as incógnitas: BlackBerry Messenger (BBM) chegará este sábado a Android (domingo a iOS).

Como xa temos comentado noutras ocasións, BBM é un servizo de mensaxería de RIM que até o de agora era exclusivo para as BlackBerry. De seguro que o xiro que tomou a compañía nos últimos anos, cunha perda importante de usuarios, levounos a ser máis aperturistas neste sentido, apostando por ampliar este servizo a outros sistemas operativos.

A aplicación de mensaxería BBM ten as funcionalidades típicas das alternativas (léase WhatsApp / Line), como chats individuais e de grupos (até 30 persoas), ademais de permitir compartir arquivos. A maior diferenza é que emprega un PIN, que será o que teremos que dar aos nosos contactos para poder comunicarnos a través de BBM, evitando ter que dar o número de teléfono.

Será gratuíta e poderase descargar en todos os Android con versións Ice Cream Sandwich (4.0) ou superior.

Vía

Sobre o autor

Reply