Quickoffice pasa a ser gratuíta e con 10 GB en Google Drive por 2 anos

unnamed

En xuño do ano pasado Google mercou QuickOffice, unha startup que desenvolvía aplicacións de ofimática (procesador de textos, follas de cálculo, bases de datos…), o que fixo pensar que quería mellorar a experiencia de Google Docs (hoxe integrados en Drive), servizo algo verde para quen precisa ferramentas avanzadas. Malia todo, ambas, o disco duro con servizos ofimáticos Google Drive e QuickOffice mantiñan presenza por separado na Play Store, sendo esta última de pago.

Mais desde onte, aínda seguindo en separado, QuickOffice pasa a ser de balde para calquera usuario da Play Store. Ademais, descargando a aplicación antes do 26 de setembro obteranse como promoción 10 GB extra en Google Drive durante 2 anos.

Podesdes descargar QuickOffice desde esta ligazón.

Sobre o autor

Reply