SPC lanza varias tablets Android no mercado español

spc

SPC, empresa especializada en telefonía para o fogar, vén de anunciar unha nova liña de traballo co lanzamento de tres tablets Android, que irán chegando ao mercado español desde este mes até novembro.

Trátase de 3 dispositivos que se diferenzan no tamaño das súas pantallas ISP (7, 7.9 e 9.7 polgadas), mais que comparten procesadores de catro núcleos Cortex A7 e Android 4.2.2. O resto de características depende depende do modelo, mais na versión máis avanza leva 2 GB de RAM, 16 GB de memoria interna e cámara de 5 megapíxeles.

O abano de prezo vai de 99 # o modelo máis básico aos 199 €, o que sitúa moi ben estes trebellos nun mercado moi competente como o das tablets

Sobre o autor

Reply