Desta volta seguimos respasando o ano 2010, por ser un ano de moita actividade que serviu para dar a coñecer Android ao consumidor medio. Para situarnos logo de varias entregas, estamos a mediados do 2010 con Froyo á nosa disposición e o Nexus ONE xa levaba tempo á venta.
Logo desta curta introducción, temos que destacar o lanzamento en xuño (aínda que anunciado en marzo), dunha gama que pasaría a ser un referente, a Galaxy S de Samung, coa que o fabricante coreano metíase de cheo en Android. O primeiro terminal destacado foi precisamente o que levou un nome familiar, Galaxy S, aínda que foi un ano antes cando nos atopamos a primeria vez a denominación Galaxy; o Samsung Galaxy pasou sen pena nin gloria.
Do Galaxy S destacamos a súa pantalla Super AMOLED de 4″ con resolución 480×800 e 233ppi. O procesador desta volta é un Exynos a 1 GHz. Cámara de 5mpx sen flash. 512MB de ram e 8 ou 16GB de memoria interna. Saiu con Android 2.2 (Froyo).
Sobre as características podemos destacar dúas cousas. Unha delas é o tamaño da pantalla, 4 polgadas, que pasou a ser unha característica importante dos terminais premium: Teñen que ter pantallas grandes. Non existen terminais premium con pantallas por debaixo do standard en cada momento (hoxe non agardamos que este tipo de terminais teñan pantallas por debaixo de 5″). A outra, imaxinades hoxe una cámara sen flash? E so falamos de tres anos atrás.
Ao final do ano, conseguirán vender ao redor de 10 millóns de unidades.
Pola súa parte HTC preséntanos unha denominación que perdurou durante algúns anos. En abril de 2010, lanzouse nos EUA o HTC Desire. As súas características son moi similares ás do Galaxy S agás pola memoria interna que no caso do HTC e testimonial, pero era o que se agardaba nesa época, 512MB.
Nin de lonxe tivo a repercusión do Galaxy S, pero claro, Samsung é Samsung, e terá moitos na súa contra, pero deu coa tecla para convertir en superventas todos os seús terminais estrela.
Continuará…