Gmail e Hangouts actualízanse con lavado de cara

Hoxe Google lanzou actualizacións para dúas das súas aplicacións máis básicas, Gmail e Hangouts, que non traen moitas novas funcionalidades, senón máis ben son unha pequena revisión da súa estética.

Gmail

Así, a nova versión de Gmail ten como principal novidade a agrupación das conversas, que incorporan o estilo das tarxetas de Google Now, un referente de deseño que está a empregar Google en todo o que fai ultimamente. Ademais, mellórase o xeito de traballo cando temos varios correos seleccionados a un tempo e engádese unha alarma que avisa de se a sincronización do correo está desactivada.

Pola súa banda, da actualización de Hangouts destaca a inclusión da posibilidade de ver que contactos estan conectados coa típica marca de en liña.

Hangouts

Estas actualizacións irán chegando a todos os terminais nas próximas horas, mais se non queredes agardar, deixámosvos os ficheiros apk para que poidades instalalas xa (están aloxadas e comprobadas por Mallando no Android).

  • Descarga aquí Gmail
  • Descarga aquí Hangouts

Sobre o autor

Reply