Desta volta probamos un producto moi interesante que nos pode sacar dun apuro a moitos de nós. É o Veho Pebble Smartstick, un cargador autónomo para os teus gadgets.
Este cargador ten unha capacidade de 2200mAh que podedes cargar conectándoo por USB ao teu PC un tempo aproximado de cinco horas segundo as nosas probas. Unha vez cargado recargaremos os nosos aparellos onde o precisemos. Ademáis polas súas reducidas dimensións (22mm x 86mm) e cun peso de 70gr é moi cómodo de trasportar, e aínda que non é a situación ideal, podemos levar o móbil no peto mentres vai cargando xa que o cargador non se quenta de forma destacabel.
Outro punto ao seu favor e que o paquete ven cunha funda para protexer o smartstick e con cinco conexións diferentes para poder ser empregado cun maior número de gadgets diferentes.
A batería coa que probamos este cargador tiña unha capacidade de 1650mAh e foi cargada (desde 0) en algo menos de 2 horas, o que baixo o noso punto de vista é un tempo de carga interesante.
Sorteo
Ah, que xa se nos pasaba!! Esta unidade vai ser sorteada grazas a Mobilefun. Que tedes que facer? Moi sinxelo, seguir os seguintes pasos antes das 12 da mañá deste domingo 6 de outubro.
- Seguir a Mallando no Android (@mallandroid) e a MobileFun (@MobileFunSpain) no Twitter.
- Poñer o seguinte tweet: Quero gañar con @mallandroid e @MobileFunSpain un cargador portátil para o meu smartphone! http://ir.gl/cargador
Entre todas as mensaxes recibidas seleccionarase cunha función random o tweet gañador. Sorte!
so participa no sorteo os que teñen twiter? grazas
Ola María,
Si, neste caso só podemos facelo para os usuarios con Twitter .
Un saúdo!
que pena ;( pero graciñas por contestar