A historia de Android (VI)

Como xa vos contamos anteriormente, o ano 2010 foi importante para Android e hoxe ímonos centrar nos derradeiros meses deste ano. A partir de agora, e nos finais de ano, xúntanse dous acontecementos importantes para os androides. Un deles é a actualización do sistema operativo ao tempo que se presenta un novo terminal “pure Google“, e dicir, un novo Nexus.

gingerbread-man

O 6 de Decembro foi a data na que se lanza a versión 2.3 do sistema operativo, tamén chamado Gingerbread. Entre outras, podemos destacar as seguintes características:

  • Entrada de texto máis rápida e melloras na precisión.
  • Soporte para tamaños e resolucións de pantallas grandes.
  • Melloras na función copiar-pegar.
  • Soporte para NFC.
  • Novo xestor de descarga.
  • Soporte para múltiples cámaras no dispositivo.
  • Melloras na administración de enerxía.
  • Soporte nativo para sensores como xiroscopio ou o barómetro.

Está versión, vai ser actualizada de forma oficial até setembro de 2011, aínda que todas as melloras que liberará Google nunca van chegar a algúns dispositivos porque os fabricantes non os van actualizar. Axiña falaremos dun tema importante: a fragmentación. Pero todo ao seu tempo.

Pouco despois, o 16 de Decembro foi a data elixida por Google para presentar o novo terminal “pure google” que se comercializou co nome de Nexus S. Se cadra a novidade máis importante destes dispositivo non é outra que o seu fabricante. Desta volta o elixido foi Samsung que presentou un deseño atractivo ao que lle engadiu un portente hardware que funcionaba á perfección (para aqueles tempos) coa última versión de Android.

Até o de agora HTC tiña moita importancia para Google, pero intelixentemente, Google non se casou con ninguén e tempo despois LG tamén terá a posibilidade de fabricar un Nexus.

nexus-s2

Pantalla de 4″ SUPER AMOLED – 16 gigas de memoria interna – 512 megas de RAM – Procesador Exynos a 1 ghz (mononúcleo) – Cámara 5 mpx para a traseira e VGA a dianteira.

Podemos destacar que este foi o primeiro terminal android en incorporar o chip NFC, aínda que para aquel momento, a utilidade era límitada.

Continuará…

Sobre o autor

Reply