Novas melloras na actualización da aplicación oficial de Tuenti

Blog-Android-3.7

Tuenti vén de anunciar a actualización da súa aplicación para Android á versión 3.7, que inclúe  melloras en temas de fotografía, soporte para Emoji e facilidades no proceso de rexistro.

Deste xeito, a partir de agora pódense subir varias fotos á vez, podendo creando composicións de até 4 fotos a un tempo. Doutra banda, para quen non sexa usuario desta rede social simplíficase o proceso de rexistro, cuxas facilidades tamén verán os usuarios actuais que decidan convidar a alguén a unirse.

Podedes descargar esta versión desde a Play Store.

Sobre o autor

Reply