Hoxe comezamos a repaso cambiando de ano. No anterior artigo acabamos o 2010 falando do lanzamento do Nexus S con Gingerbread e hoxe imos repasar o Mobile World Congress de 2011. Sen dúbida este ano foi cando o mercado se inundou de terminais de moitos fabricantes que elixían Android como sistema operativo.
Un exemplo é Sony Ericcson (si, no 2011 aínda se chamaba Sony Ericcson) apostou forte presentando un terminal cun deseño moi atractivo como foi o Xperia Arc. Tamén presentou o Xperia Play que era un terminal dirixido aos que usan moito o smartphone para xogar, pois contaba cun teclado físico que nos recorda ao mando da PlayStation. Non debemos esquecer o Xperia Neo dirixido á gama media.
Xperia ARC
Pantalla de 4,2″ e resolución de 854×480 con 233 ppi – 512 ROM – 512 RAM – Procesador Qualcomm a 1ghz – Cámara de 8,1 mpx
Xperia NEO
Pantalla de 3,8″ e 854×480 de resolución – 512 MB de RAM – 380MB de ROM – Procesador Snapdragon a 1ghz – Cámara traseira de 8mpx e dianteira VGA
Samsung elixiu o mobile para actualizar o que fora un éxito de vendas no ano 2010, presentando o Galaxy SII. Este terminal era do mellor do momento cun hardware moi potente que facía que os posuidores dunha destas unidades tivese unha experiencia de usuario óptima.
Pantalla 4,3″ e resolución de 800×480 super AMOLED – 1GB de RAM – 16/32 GB de ROM – Procesador Samsung Exynos de doble núcleo a 1,2 mhz – Cámara traseira de 8mpx e dianteira de 2mpx
Samsung tamén presentou nesta feira un terminal de entrada pero que lle deu moi bos resultados á empresa e non é outro que o Galaxy Ace. Seguro que aos bos números axudou a subvención das operadoras. Ademáis este terminal aínda hoxe conta cunha comunidade moi activas detrás que fai que existan á nosa disposición unha morea de roms que en moitos casos permiten estirar a vida deste terminal y moitos outros.
HTC tamén estivo moi activa no MWC2011 presentando varios terminais dirixidos a diferentes tipos de usuarios. Por exemplo para a gama alta elixiu o Desire S e o Incredible S. Para aqueles que desexan un teléfono básico, presentou a actualización do Wildfire que tan bo resultado lle deu anteriormente. Chamouse Wildfire S. E por último destacamos o HTC Cha Cha Cha, que tiña un teclado qwerty. O motivo non era outro que intentar competir coas Blackberry 8250 que tan ben se vendían entre os máis cativos.
Pantalla 2,6″ con resolución 480×320 – Teclado qwerty – 512 MB de RAM – 512 MB de ROM – Procesdor Snapdragon 800mhz – Cámara 5mpx
Wildfire S
Pantalla 3,2″ con resolución 320×480 e 180ppi – 512 MB de RAM – 512 MB de ROM – Procesador Qualcomm a 600 mhz – Cámara 5mpx
LG tamén levou varios terminais. Presentou o Optimus 2X e o Optimus Black dous androides normaliños que se suman as opcións que xa están no mercado. Se cadra o máis novidoso da presentación de LG foi a súa aposta polo 3D no móbil. Foi una tendencia que durou máis ben pouco á que se sumou LG cun terminal que nos ofrecía a posibilidade de grabar en 3D para o cal, tíña dúas cámaras de 5mpx cada unha.
Optimus 2X
Pantalla 4″ TFT con resolución de 480×320 e 233 ppi- 512 MB de RAM – 8 GB de ROM – Procesador Nvidia Tegra 2 – Cámara traseira 8 mpx e dianteira de 1,3 mpx
Optimus Black
Pantalla 4″ IPS con resolución 800×480 e 233 ppi – 512 MB de RAM – 2 GB de ROM – Procesador Texas Instruments a 1ghz – Cámara traseira de 5 mpx e dianteira de 2mpx
Optimus 3D
Pantalla 4,3″ con resolución 800×480 e 217 ppi – 512 MB de RAM – 8 GB de ROM – Procesador Texas Instruments dual-core a 1ghz- Cámara traseira Backside Illumination Dual 5mpx e dianteira VGA
Continuará…